sábado, 31 de octubre de 2020
SAMAÍN
domingo, 25 de octubre de 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O 24 de outubro de 2020, conmemórase o Día das Bibliotecas "A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que sogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir. As bibliotecas escolares amosáronse, e continuan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A Biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, eses lugares que están sempre ao noso carón.
domingo, 18 de octubre de 2020
XORNAL O PAPAGAIO
Este curso recibimos o xornal O PAPAGAIO en papel, con moitas novidades, máis páxinas e unha nova web, pero O Papagaio tamén nos facilita a súa versión dixital.
Premede no enlace
jueves, 1 de octubre de 2020
CURSO 2020-2021
Nestas semanas estivemos coa formación de usuarios da nosa Biblioteca, pasaron todas as aulas e explicámoslles como iba a ser este ano o funcionamento.
Algunhas das novedades deste curso será que nos recreos non se farán os préstamos e que poderán ver libros que estén nos expositores que despois deixarán nuns caixóns para facer a corentena e que virán co seu grupo aula.
O 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo."
Dende a biblioteca propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben lendo fragmentos ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Podes premer neste enlace para acceder a Escolma de textos de escritoras:
https://drive.google.com/file/d/1gUAZtP_Lk5Uysk3ZAvaCkjV84LCYfXUI/view?usp=sharing
COMEZAMOS O CURSO 2020-2021
Benvida a todas as nenas, nenos e profes neste comezo de curso no que, xa todas sabemos por que, teremos que asimilar novas normas, novas formas de comportamento e novas formas de aprendizaxe.
Preparando os medios de prevención : máscara, distancia de seguridade e xel nas mans.
De tódolos xeitos, somos optimistas e agardámos que sexa un ano coma todos os demaís: cheiño de novas propostas, novas actividades e coma sempre... cheíño de soños.
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS PRINCIPAIS IDEAS DO PROTOCOLO DA BIBLIOTECA
Importante :
•
Lavado e
desinfección de mans antes de entrar e ao saír da biblioteca. (Xel hidro alcohólico accesible na entrada)
•
Uso de máscara obrigado para alumnado e profesorado.
•
Mantemento do distanciamento social : distancia de seguridade mínima de 1,5m.
entre as persoas, e por tanto
prohibición dos agrupamentos nas mesas/ recuncho de lectura de BD.
•
Lectura, estudo e/ ou traballo en
sala: 2 persoas por mesa (revisable segundo cambien as indicacións das
autoridades competentes).
•
Respectar a distancia de
seguridade coa mesa do bibliotecario/-a : 1,5 metros.
•
Evitar tocar andéis, mesas e cadeiras,
en caso de sentarse non se poderá cambiar de asento.
•
Os Mestres antes da súa sesión desinfectarán
a zona que vaian usar e o material, esta operación repetirana ao final.
Limpeza e desinfección
Importante :
•
Rutinas que
cómpre incluír na “formación de persoas usuarias” da biblioteca: (por esta
orde)
1- hixienización de mans ao entrar e saír da biblioteca,
2- uso da protección facial estipulada
(máscara),
3- mantemento do distanciamento social : distancia
de seguridade mínima de 1,5m. entre persoas.
4- hixienización dos postos ocupados ao
remate da sesión.
• Limpeza e desinfección diaria da biblioteca. Limparanse e desinfectaranse as instalacións,mobiliario e equipamentos de traballo. Prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes (mostradores, pomos de portas, mesas, mobles, chans).
•
Ventilación mínima
de 15 minutos entre sesións
de uso da biblioteca, e diaria
sempre que sexa posible.
AFORO E PRESENCIA NA BIBLIOTECA.
- Durante
os recreos a biblioteca usaráse cada día polo curso
asignado en Primaria
Luns:
segundo de primaria
Martes:terceiro
de primaria
Mércores:
cuarto de primaria
Xoves:
quinto de primaria
Venres:sexto
de primaria
Durante os recreos de primaria só
se poderán usar os libros dos expositores que despois se deixarán nuns caixóns cada día para a súa
corentena.
O alumnado unha vez que entren a
biblioteca poderán sair pero non volver a entrar para evitar o movemento polos
corredores.
En Secundaria acudirán o
alumnado que queira sin asignar nin días nin grupos para facer o préstamo de
libros, estudar, buscar información….
Mentras dure a pandemia non se
empregarán xogos nin ningún material manipulable(ordenadores…).
- Cada
semana cada titoría de Primaria
dispoñerá de tempo para que os alumnos/as fagan o préstamo:
Luns:
2º,5º,6º de primaria
Martes:1º
de primaria
Venres:3º,4º
de primaria
Cada mestre xestionará o préstamo
dos seus alumnos/as en colaboración cun membro da biblioteca , nas horas da
biblioteca asignadas. Non podendo devolver o libro ata que volva a biblioteca o
día asignado, haberá unha mestra/e da biblioteca para realizar préstamos e
devolucións e supervisar a seguridade.
O préstamo poderá ir a casa ou
quedar no colexio na aula, xa que unha vez devolto pasará pola corentena.
En Secundaria o préstamo
farase no tempo de recreo, mais tendo moito coidado na manipulación dos libros.
Os libros devoltos permanecerán
nos caixóns en corentena ata cos coloque o equipo de biblioteca.
- Ademais nas horas que non esté ocupada poderase acudir a
biblioteca sempre que se respecten as medidas sanitarias para a materia de
alternativa a relixión u outras actividades.
Martes:6º
de infantil,4º,5º,1º de primaria
Mércores:
3º de primaria, 4º de infantil
Xoves: 5º de infantil
- Dado
que a nosa biblioteca é bastante grande o aforo
será dunha aula para primaria e dezaoito alumnos/as para Secundaria.
DOTACIÓN DE MATERIAL.
- Dotarase
as bibliotecas de aula de libros para a lectura cando o soliciten.
FAMILIAS.-
- Potenciarase
o uso dos recursos non presenciais na dinamización e difusión das propostas e
actividades no Blogue da Biblioteca: http://bibliocpivirxedomonte.blogspot.com/
E Invitarase a participar en
distintas actividades online: contacontos, exposicións...
Respecta as normas!
1.- Limpa
as mans con xel hidroalcólico ao entrar e saír.
2.- Usa sempre máscara.
3.- Respecta sempre as distancias: 1,5m.
4.- Non
collas o material: pídeo e traerémoscho.
5.- Nas
mesas, senta só onde estea permitido.
6.- Ao rematar, limpa o posto que acabas de usar.
Recorda : un pequeno esforzo
e coidado axudaranos a todos !
Neste días despedimos a Quino, o xenio creador de Mafalda, cuxas viñetas, creadas fai décadas están tan vixentes hoxe como entón.
Na biblioteca atópanse moitos comic de Mafalda!!!
E tamén deixámosvos aqui estes, debes dar un clic sobre os libros e perxonaxes
Premer no enlace!
jueves, 18 de junio de 2020
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN
Porque o que debedes ter moi moi claro é que tedes que seguir a tomar precaucións e faceres caso dos consellos sanitarios :cumprir coa distancia de seguridade, empregar máscaras na cara e lavar moito as mans. Xa veredes como deste xeito conseguiremos vencelo.
Aproveitade este tempo de lecer para pasalo ben, gozade das pequenas cousas que nos ofrece a vida, que moitas veces nos pasan desapercibidas e aprendemos a valorar cando ocorre algo así. Sede felices! E LEDE UN POUCO, ou un moito!!!



viernes, 5 de junio de 2020
CURSO 2019/2020
Viernes 5 de xuño
Co "día mundial do ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.
Deixámovos un conto!
E uns retos:
Luns 18 de maio
Co "día mundial do ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
Deixámovos un conto!
PROGRAMA DE MELLORA DA APRENDIZAXE E DO RENDEMENTO
Preme no enlace:

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: OPCIÓNS UNHA VEZ REMATADA A ESO
Preme no enlace:

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: PASO DE 3º ESO A 4º ESO
Preme no enlace:

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: DE 2º ESO A 3º ESO
Preme no enlace:

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: DE 1º ESO A 2º ESO
Preme no enlace:

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: O PASO DA EDUCACIÓN PRIMARIA Á ESO
Preme no enlace:
Venres 5 de maio
Hoxe deixámosvos o vídeo que recolle os debuxos da actividade proposta do Día do Libro.
GRAZAS AOS QUE COLABORASTEIS
Sábado 2 de maio
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Hoxe, mañá e cada día do ano, tanto a nivel escolar como social, esta moi presente o bulling, nas mans de todos nós, está acabar con él. Actuemos todos e cada un dos días do ano para que non haxa data no calendario.
Polo que é importante traballalo e falar sobre el e intentar que estas cousas non pasen.
Propóñovos unha selecciçon de libros ilustrados que poden axudar nesta temática e situación tan dura.
Deixovos aquí uns libros de libre descarga para seguir desfrutando de todo o que a literatura pode ofrecernos, grazas CLUB PEQUE LECTORES
Sábado 25 de abril
Deixámosvos un enlace para poder descargar lecturas en galego:
Pincha no enlace e disfruta da lectura:
Xoves 23 de abril
Día Mundial do Libro
Un pequeno teatro para conmemorar este día:
Mércores 22 de abril
Hoxe Día da Terra 22 de abril, a festividade foi creada para lembranos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observarse os primeiros indicios alarmantes da degradación do planeta terra, a través da celebración preténdese aumentar a conciencia con relación os problemas ambientais.
Facendo click no enlace atoparedes seis retos que podedes facer.

⇰RETOS
Martes 21 de abril
Mércores 15 de abril, deixámosvos unha fermosa historia
Hoxe día 13 de abril, día internacional do bico, esta data é grazas o bico máis longo da historia que duró 58 horas e foi protagonizado por unha parella de tailandeses.
Xoves 2 de abril de 2020
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
Este libro lo hizo especial una persona: "adivina cuanto te quiero"
A profe Olga de Francés non se decide a cal recomendar!!!
Un libro que Luis non se cansa de ler e que heredou do seu padriño, hoxe de 19 anos.

ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE TRABALLA CO AL E COA PT
Informarvos a estes alumnos/as de que, na sección do Departamento de Orientación deste blog educativo, atoparedes as actividades de reforzo a realizar durante este período de suspensión das actividades lectivas.
En cada entrada tedes especificado as tarefas a realizar así como a súa temporalización. Estas irán cambiando ao longo dos días.
Para calquera dúbida ao seguinte correo de orientación:
orientación.cpivirxedomonte@hotmail.com
En cada entrada tedes especificado as tarefas a realizar así como a súa temporalización. Estas irán cambiando ao longo dos días.
Para calquera dúbida ao seguinte correo de orientación:
orientación.cpivirxedomonte@hotmail.com
XOGOS FÍSICOS E INTERACTIVOS PARA REALIZAR NA CASA

- Relaxarse e descargar a tensión e os nervios acumulados durante o día.
- Motivarse a realizar as tarefas escolares encomendadas.
- Divertirse e soltar enerxía positiva.
- Desenvolver a creatividade.
- Compartir momentos en familia.
- Estimular o cerebro.
- Liberar endorfinas.
- Manter o estado físico óptimo.
- Gastar enerxía para regular sono e descanso.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| 150 juegos infantiles grupo.pdf | 136.97 KB |
| actividades-de-juega-y-aprende.pdf | 1.35 MB |
| ActividadesManada.pdf | 2.75 MB |
| COLECCIÓN-DE-250-JUEGOS-PARA-CLASE-.pdf | 375.02 KB |
| Colección-de-500-y-JUEGOS-Y-TECNICAS-DE-ANIMACION-PARA-Primaria-e-Infantil.pdf | 2.1 MB |
| juegos_interior_493.pdf | 163.23 KB |
Hoxe deixovos un portal educativo realizado por un colectivo de profesores para ofrecer unha axuda educativa a todos os cursos.
Pinchar en el enlace: Aulas galegas
Pandemia de contos:
"Segunda Pandemía de contos"
Para estes días que todos debemos de quedarnos na casa, están aparecendo iniciativas como as deste colectivo de narración oral galega "Pandemia de contos"
CIRCULAR INFORMATIVA
A xunta comunicou como medida preventiva fronte ao avance do coronavirus que os centros educativos galegos permanecerán pechados, dende o luns 16 de marzo de forma oficial durante 14 días.
mañá día 13 de marzo a Conselleria recomenda a Non asistencia do alumnado aos centros, ainda que permanecerán abertos, só este día, por conciliación familiar.
Comezamos o mes de Marzo conmemorando o día 8 día da muller:
Nas aulas recibiron un material denominado "OS BOLECHAS POLA IGUALDADE" para promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero, para poder conseguir un mundo mais xusto e igualitario onde as nenas e os nenos teñas as mesmas oportunidades, e lograr a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
Tamén enchemos un corredor de mulleres importantes para os nosos alumnos/as:
Neste mes de febreiro na nosa BIBLIOTECA aconteceron as seguintes actividades
As novidades deste mes que chegaron a nosa biblioteca
Xa estamos de volta con novas actividades na nosa biblioteca neste mes de xaneiro!
O longo deste mes RAQUEL QUEIZÁS narradora de contos:
AS NENAS
OS NENOS
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Seguimos coa colocación e expurgo dos libros da Biblioteca con axuda dos voluntarios de secundaria
Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran potencialidade educativa: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión para que as nosas bibliotecas se comprometan como defensoras da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. Para que conformen o espazo da biblioteca como un auténtico viveiro de cidadanía, un lugar facilitador do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á información, no que se promova unha participación activa cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Fixemos entre todos murais nos diferentes corredores do colexio, e ademais nas diferentes aula debuxaron algo que lles recordara a non violencia, de todos os debuxos seleccionaronse un por aula e fixemos uns tatuaxes que pusemos o día 30, resultou unha actividade moi motivadora para tod@s os alumn@s nas diferentes etapas educativas.
RECOMENDACIÓNS DE DECEMBRO:
CLUB DE LECTURA
Os alumnos de quinto estan lendo no club de lectura o libro de "ESMERALDIÑA PEQUENA DEFUNTA" e fixeron un teatrillo para os nenos do cole.
3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE:
tamén fixeron actividades na nosa mesa de luz,
e para rematar os alumnos/as de sexto de primaria lles contaron o conto "Por catro esquinitas de nada",
foi un dia no que todos aprendimos algo porque nos ensinaron moitas cousas.
25N: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Educar é proporcionar unha formación integral que permita a nenos e nenas unha formación plena e que axude a configurar a súa identidade, así como construír unha concepción da realidade que integre á vez o coñecemento e a valoración ética e moral da mesma.
Educar en igualdade quere dicir educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo, e educar baixo valores coma respeto cara aos demáis.
Dende a biblioteca repartirónse lazos de cor violeta a todos os nen@s para escribir neses lazos frases alusivas á non violencia de xénero, as frases estaban feitas polo alumnado da ESO , tamén se repartiron globos para despois todos xuntos facer unha foto en apoio as persoas que sofren dalgún xeito violencia de xénero.
COMEZAMOS NOVO CURSO:
Como novidades este ano na biblioteca teremos un espazo adicado a xogar, algún dos xogos cos que contaremos entre outros de enxeño, sudokus, habilidade...
As casas encantadas chegaron para quedarse!, xa que este ano a resposta foi sorprendente tanto en número de familias participantes tanto como na elaboración, xa que hai máis de oitenta casas e todas destacan pola súa orixinalidade e polos materiais de refugallo usados para a súa construcción, dende botellas de plástico, madeira, cartón, goma eva, palillos...a comunidades educativa do CPI Virxe do Monte agradece ás familias a maneira de involucrarse nesta actividade e por iso este luns e martes hai unha xornada de portas abertas para todos aqueles/as que queiran disfrutar vendo as casas encantadas polos nosos corredores.
Os nenos/as participantes na exposición agasallamolos cun diploma de agradecemento
Para conmemorar o SAMAIN na nosa biblioteca celebramos diferentes talleres ao longo da semana, os que se atreveron a pasar polo túnel do terror puideron:
LUNS pintamos cabazas:
Outros neno/as tamén aproveitaron para usar os xogos novos que chegaron nestes días:
Os alumnos/as de quinto coñeceron os "escornabots" primeiro coñeceron o seu funcionamento e despois xogaron a construir a palabra mais longa é tamén a retos matemáticos...
As casas encantadas saliron no xornal:
Os libros do CLUB DE LECTURA de 5º e 6º de primaria e doa alumnos de secundaria xa estan listos para comezar a ser usados.
As novidades deste mes de novembro!
Os alumnos de terceiro están vendo o tema da Terra e o Sistema solar, como ampliación do tema os alumn@s coas suas familias fixerón unhas maquetas en 3D, que están expostos na nosa biblioteca no noso recuncho de ciencia.


































































































































































































