sábado, 7 de noviembre de 2026

Falamos nas ondas con Damián Alonso e Pancho Álvarez de Ponte nas Ondas!

 O xoves 5 de novembro o alumnado voluntario de 2º, 3º e 4º da ESO participaron nun obradoiro para traballar coas voces do patrimonio inmaterial da man de Damián Alonzo e Pancho Álvarez.
Unha sesión práctica para que o alumnado realice gravacións e podcasts:  Narración oral + Música + Canto + expresión oral + radio + podcast.

Un grupo de alumnado prepara o guión e a organización dun programa de radio e podcast con contidos preparados por eles. Practican e aprenden a gravar un podcast en directo da man de Damián Alonso. Outro grupo prepara con Pancho Álvarez as músicas que van interpretar en directo na gravación do podcast, con instrumentos e voces.Os dous grupos xúntanse e gravan o podcast con posibilidade de público durante a gravación.

Grazas a PNO (Ponte nas Ondas) por este premio. Este premio fomos recollelo no mes de outubro a Vigo.  Un recoñecemento ao traballo realizado o curso pasado arredor da figura do cesteiro de Sistallo, José Anido Goiriz, e á recuperación e posta en valor do noso patrimonio inmaterial.

















































No hay comentarios:

Publicar un comentario