Temos o pracer de convidar a todas as familias a participar nun obradoiro de velas que se celebrará o 8 de abril ás 16h na nosa biblioteca. Este obradoiro é unha excelente oportunidade para aprender e gozar xuntos en familia, mentres desenvolvemos a nosa creatividade e compartimos un momento especial.
Non é necesario contar con experiencia previa, xa que o obradoiro está pensado para todos os niveis. Ven cos teus fillos e disfruta desta experiencia artesanal única!
Agradecemos a vosa participación e agardámosvos con moita ilusión para pasar unha tarde chea de creatividade e diversión.
Ademais con esta actividade tamén colaboraremos cun mercadillo solidario no IES Leiras Pulpeiro de Lugo para recaudar fondos para un parque infantil no Hula.