"O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. "Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida...."
Así falaba o protagonista do libro, comezamos a reunión do club sobre o que falaba o libro, como se chamaban os protagonistas, o porqué do titulo, como era a relación cos seus avós...
Despois do faladoiro como actividade fixemos uns carteis para colocar polo instituto apoiando ao alumnado que se sinta como o protagonista do libro
Aquí o resultado!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E APORTACIÓN A DIVERSIDADE DO CENTRO
O MUNDO TEN CABIDA PARA TODOS/AS/ES!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario