sábado, 26 de octubre de 2024

Abre a nosa BIBLIOTECA!

 

A semana do 21 de outubro, a nosa biblioteca abre as súas portas a un novo curso escolar.

O luns, catro voluntarias de 4º e 5º EP baixaron a gardería municipal para lerlles un conto aos máis peques. 
Practicando antes do día.

O día da visita, luns 21. Baixamos moi emocionadas.
Os peques estaban moi atent@s.
Levamos catro libros que falaban das cores e das apertas.
Moitas grazas por deixarnos pasar un ratiño con todos vós.
Despois aproveitamos para xogar un ratiño con eles e para entregarlles na Gardería Municipal algúns marcapáxinas que elaboramos co lema deste curso.

O martes 22 comezamos coa formación de usuarios que para moitos xa é coñecida, pero sobre todo para os usuarios novos tanto alumnado como profesorado e o alumando de primeiro de primaria que este ano xa usarán a biblioteca de xeito autónomo.
Esta semana fixemos ENTREGA DE LECTÓMETROS, que acompañarán ao alumnado durante todo o curso para ir anotando as suas lecturas, entregamos CARNÉS AOS NOVOS USUARIOS E ENTREGA DE DIPLOMAS AOS VOLUNTARIOS DO CURSO PASADO.



EN EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON UN CONTACONTOS

O xoves o alumnado de infantil escoita un conto, titulado ¿De dónde vienen las ideas? 
O conto trata duns amigos que se puxeron a debuxar e, de repente, unha nena quedouse en branco. Preguntoulle aos demais de onde viñan as ideas pero ninguén soubo contestarlle. Un dos amigos lévaos ao bosque, e alí atoparán un xenio que lles axudará para que consigan as ideas a través da música, dos bailes, da tranquilidade, etc. e como non, coa axuda dunhas fadas invisibles.1ºPRIMARIA,entrega de lectómetros e primeiros préstamos do curso, ademais tiveron formación de usuarios.

 
2º PRIMARIA, entrega de lectómetros e primeiros préstamos do curso
3º PRIMARIA, entrega de lectómetros e primeiros préstamos do curso

entregamos CARNÉS AOS NOVOS USUARIOS da biblioteca

4º PRIMARIA,entrega de lectómetros e primeiros préstamos do curso



5º e 6º PRIMARIA ENTREGA DE DIPLOMAS AOS VOLUNTARIOS DO CURSO PASADO.
O lectómetro moi relacionado co poema de Xoana Torres e lema deste curso de bibliotecas "O TEATRO"
SECUNDARIA, entregamos CARNÉS AOS NOVOS USUARIOS E ENTREGA DE DIPLOMAS AOS VOLUNTARIOS DO CURSO PASADO.

E COMEZAMOS  cos Recreos na biblioteca, onde temos xogos no RECUNCHO CREATIVO




Aproveitando para buscar libros para o préstamo
lendo
xogando


estudando
socializando

experimentando

Todos os martes de 16:00 a 18:00h estará aberta para vir pasar ratiños divertidos en FAMILIA.

Grazas ao noso equipo de cociña por facernos estas galletas tan ricas para a apertura deste novo curso.

 
Ratiños divertidos coas familias

Nos vindeiros días escoitaredes o alumnado de 6º EP que participou na gravación dun podcast de samaín dunha obra narrada de teatro de  Ramón D. Veiga, Medo me dá! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario