A semana pasada visitounos una matrona
Viña con moitos recursos e materiais adaptados a idade dos nenos/as utilizando unha linguaxe que poidesen entender.
Faloulles dos seus corpos e como mudan cos anos, que cambios van aparecendo co tempo.
Tamén que os seus corpos son deles e que ninguén ten dereito a tocarlles, que digan sempre que NON.
De comó aparecen os bebés nas barrigas das mamás e como van crecendo co tempo, ademais comparouno co tamaño das froitas e entendémolo moi ben, primeiro son como unha xudía e finalmente como un melón, que xa non se pode mover e ten que sair.
preparamos o necesario para cando saen da barriga unha toalla e un gorrito
escoitamos o noso corazón
e despois o dos compañeiros/as
No hay comentarios:
Publicar un comentario