O xoves 18 a clase de 3 e 4 anos e o venres 19 a clase de 5 anos fixeron o seu primeiro préstamo na bibloteca. Que ilusión para todos!!!
Os nenos de 3 e 4 anos irán todos os XOVES e os nenos de 5 anos os VENRES, polo que terán que traer a bolsa co conto o día que lles toque para poder facer o préstamo.
Clase de Azul
Poñendo o nome e decorando as bolsas coa cariña de cada un.
Elixindo o conto que querían levar para casa e facendo o préstamo.
Todos e todas preparados para levar o seu préstamo!Clase de Vermello
Decorando as nosas bolsas da biblioteca. Puxemos o noso nome e fixemos un debuxo de nós.
Fomos a biblio super contentos coa nosa bolsa porque levamos un libro para a casa como os nenos maiores. TODOS OS XOVES poderemos ir cambiar os nosos libros e levar un novo para a nosa casiña.
Primeiro a profe Melani explicounos como tiñamos que tratar os libros, deunos un marcapáxinas para nós e explicounos para que servian.
Clase de Verde
Preparamos as bolsas co nome e un debuxo de nós, tiñamos moitas ganas de que chegara o día do préstamo, xa somos maiores e podemos levar contos para a casa!! Temos que coidalos moito por que son de todos/as e ademais levamos un marcapáxinas por se temos que parar e poder marcar na páxina onde nos quedamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario