domingo, 27 de octubre de 2024

Eco-reto outubro: protexemos

Este novo curso dende Voz Natura propoñennos seguir cos eco-retos. O reto deste mes de outubro pretende mostrar accións para preservar a natureza. 

domingo, 20 de octubre de 2024

VISITA DA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE!

 

Visita da Conselleira de Medio Ambiente a Lagoa de Cospeito xunto con alumnado de 2º da ESO.

A NOSA HORTA!

A nosa horta

APERTURA DA BIBLIOTECA ÁS FAMILIAS

 

ABRIMOS A BIBLIOTECA ÁS FAMILIAS

NOVO CURSO NOVO LEMA

 

O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras.

Polo que o teatro estará moi presente este curso escolar.

AS VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA XA ESTÁN PREPARANDO AS NOVIDADES!!


As voluntarias da biblioteca xa están colaborando para que na súa apertura esté todo colocado

OS CLUBS COMENZAN A ELEXIR LIBROS...

 

O CLUB DE LECTURA LEO LEO COMEZA DE NOVO ESTE ANO

AS MOCHILAS COMEZARON A VIAXAR POLAS CASAS

 

As mochilas viaxeiras permiten á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores máis novos.

domingo, 30 de junio de 2024

Nutriescolas 0_1

 

Este curso seguimos participando no plan proxecta de nutriescolas 0_1.

SOGAMA

  Este curso participamos no plan proxecta de Sogama.

ENTREGA DE DIPLOMAS AS VOLUNTARIAS DE 4º DA ESO E AGRADECEMENTO a 6ºEP!

 

Entrega de diplomas e agradecemento as voluntarias de 4º da ESO e sexto de primaria.

NO MEU ENTORNO TEMOS ANIMAIS?

 

Este curso 2023/2024 no que CPI Plurilingüe Virxe do Monte participa no Plan Proxecta + PROTEXE AOS ANIMAIS.

Toda a temática relacionada cos animais e a natureza resulta sempre moi motivadora e interesante para os nenos e nenas, así que levar a cabo este proxecto con eles foi unha experiencia fantástica.

domingo, 16 de junio de 2024

BUSCANDO VOCES para o ECO RETO DE XUÑO: PRESUMIMOS! (intentando facer radio)

 O eco reto de xuño é presumimos. Por iso, decidimos facer un podcast para recoller todo o que traballamos este curso. Presumir do traballo ben feito! Os/as alumnos do cole de Cospeito son voluntarios e préstanse sempre a facer un sin fin de actividades.

En Cospeito reciclamos!!

Pequeno resume das actividades que fixemos no curso 23_24

martes, 4 de junio de 2024

CLUB DE LECTURA DE 6ºEP

 

Para rematar o club de lectura de sexto o alumnado escolleu un libro de banda deseñada e o leron a través da plataforma ELBE-2

lunes, 20 de mayo de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS E MAIOS

 


Este ano 2024 conmemoramos as Letras Galegas homenaxeando a Luísa Villalta. Ó longo da semana tivemos varias actividades para achegarnos a diversos aspectos propios da cultura tradicional de Galicia.

domingo, 12 de mayo de 2024

APERTURA DA BIBLIOTECA AS FAMILIAS

 

Despois de intentalo en varias ocasións chegou o día, foi unha tarde cargada de emocións, de música, de risas, de xogos, de galletas...a partir de agora, esperámosvos os martes a partir das 16h.
Grazas a todas as familias que viñeron a pasar a tarde con nós!

AS FAMILIAS CONTAN...

As familias son moi importantes no noso centro e estamos moi contentas/os de poder compartir momentos xuntos no noso día a día. Con motivo da apertura da nosa biblo queremos dedicarlle esta publicación a todas as familias do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, que mediante unha representación de familias pasastes ao longo dos anos polo noso centro. Moitas grazas a todas/os.

EXCURSIÓN DE ALUMNADO De 2º ESO A HÁBITATS. NATURALEZA EXTENDIDA

 

É unha experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta Terra. é unha viaxe polos cinco continentes, nos trasporta por nove destinos nos que podemos convivir e interactuar con animais e plantas grazas a realidade virtual e realidade aumentada.

lunes, 22 de abril de 2024

viernes, 22 de marzo de 2024

CONCURSO RECICLAXE DE SOGAMA


Grazas por colaborar no concurso de RECICLAXE

DÍA DAS MULLERES 8M

 

O alumnado deseñou camisetas polo día das mulleres , tendémolas para falar ao mundo sobre o 8M.

ROTEIRO LITERARIO CON ANTIA YAÑEZ


 Hoxe o alumnado do club do de lectura visitou Portomarín coa escritora Antía Yáñez . Coñeceron a historia da vila e agora saben que aínda quedan moitos misterios que descubrir. 

Moitas grazas @yanezantia , por guiarnos e presentarnos os lugares que tiñamos na nosa cabeza despois de ler o libro

CLUB DE LECTURA DE 5º DE E.P.

 

Co ALUMNADO DE 5ºE.P tivemos a xuntanza do CLUB de LECTURA para comentar o libro de LEDICIA COSTAS "Esmeraldina, a pequena defunta"

AS ABELLAS CON FIGURAS XEOMÉTRICAS

 

O alumnado da ESO na materia de plástica e bioloxía levaron a cabo unha investigación sobre as abellas e descubriron que un dos deseños máis eficientes da natureza é unha colmea. Cunha perfección milimétrica nas suas celdas hexagonais, sendo a figura máis eficaz para almacenar a mel.

As verduras molan! Semáforo dos alimentos.

 Os alumnos/as de 4º educación primaria elaboraron uns carteis informativos das verduras e o alumando de 1º elaborou para o comedor un semáforo dos alimentos.

jueves, 21 de marzo de 2024

HAIKUS no día da poesía!

 

Para conmemorar o día da poesía, a semana do 18 ao 21 nos recreos na biblioteca elaboraronse uns paxariños de cartolina. Neles escribiron haikus, poemas curtos que se caracterizan por describir fenómenos da natureza, o cambio das estacións e da vida cotiá da xente. Son de orixe xaponesa.

jueves, 29 de febrero de 2024

Charla PILABOT

  O martes 27 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron unha charla sobre a reciclaxe de pilas, así como o fomento  de pilas recargables, para producir menos residuos.

Batidos saudables

 Esta semana tivemos unha actividade especial encadrada dentro do Poxecto Nutriescolas no que participa o noso centro. Realizamos a atividade en dúas sesións:

martes, 27 de febrero de 2024

CLUB DE LECTURA DE 1º Y 2º DA ESO

 

O venres xuntámonos parte do alumnado de 1° e 2° no club de lectura. A través dun Kahoot fomos analizando polo miúdo o libro O misterio de Portomarín de @yañezantia . Dentro de pouco poderemos vivir esta historia in situ.

sábado, 24 de febrero de 2024

Día de Rosalía: Os pensamentos de Rosalía!



 

O venres 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía, para iso todo o centro participou nun mural colaborativo para conmemorar esta data.
Empregamos envases de leite para as macetas que sosteñen os pensamentos, debuxamos e pintamos unha imaxe da escritora e demoslle cor a diversas flores para adornar a súa imaxe.