jueves, 4 de mayo de 2023

ENCONTRO LITERARIO CON ANXO FARIÑA

 

Onte tivemos un encontro literario para o alumnado do CLUB DE LECTURA con Anxo Fariña

 Acompañounos nun novo encontro literario onde nos ensinou o seu traballo, nos explicou como o fai e a importancia de facer as cousas con e/ou por amor, ainda que tamén dixo ca sorte tiña que acompañar.







Vimos de primeira man as súas ilustracións e mostrounos como é todo o proceso, desde o primeiro bosquexo nun caderno ata o momento final de impresión no propio libro. Un proceso moi interesante que fixo espertar a curiosidade de moitos. 

Nesta xornada ensinounos cal era o seu traballo (ou múltiples traballos, mellor dito). Como e cando comezou a debuxar e a escribir e cales foron as súas motivacións iniciais e cales son as actuais. Introduciunos no mundo editorial onde el se move, tan afastado para o alumnado e ao mesmo tan próximo









Deixounos a súa pegada no libro de visitas
Quedamos coa idea de que as cousas se poden facer por amor, con amor ou por ambas as dúas, seguro que abrirá moitas portas no futuro. Esperando, claro, que a sorte nos acompañe naquilo que fagamos.

Un gran traballo Anxo, PARABÉNS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario