viernes, 26 de noviembre de 2021

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. A autora salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas esociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?.

Xa temos as nosas lecturas preparadas para desfrutar na biblioteca:



Comezamos a semana dándolle a palabra ao alumnado de 3º e 4º que viñeron a falarnos dos volcáns e amosarnos como se produce a súa erupción a través dun experimento realizado nas maquetas que trouxeron o alumnado de terceiro grazas a colaboración das familias.




Na hora de lecer durante toda a semana o alumnado mediante a aplicación QUIVER viron como os seus debuxos comezaban a moverse grazas a realidade aumentada, mesturando a creatividade coas novas tecnoloxias












E para rematar coa ciencia os mais pequenos pasaron pola biblioteca para que os maiores lles contaran cousas sobre os volcáns, ver como facian o experimento para erupcionalo e xa nas aulas poder experimentar coas tablets e a realidade aumentada coa aplicación Quiver





















No hay comentarios:

Publicar un comentario