domingo, 4 de mayo de 2025

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO

 

Para conmemorar O Día do libro e, dentro do programa de Bibliotecas solidarias, alumnado de primeiro e segundo da ESO dvisitou o HULA para levar cantigas tradicionais (xa que este ano As Letras galegas adícanse ás cantareiras) algunhas delas recopiladas cos usuarios do Centro de Día de Cospeito e unha das  xerocultoras do mesmo. 

Os alumnos e alumnas visitaron servizos como o de Rehabilitación,  Xeriatría, Hospital de Día... entre outros.

Así mesmo, fixeron entrega de marcapáxinas con refráns galegos a partir dun traballo realizado en colaboración cos usuarios do Centro de Día de Cospeito.

A partir das 12:00 hpras tamén repartiron diversos libros doados polo colexio no hall de entrada ao HULA.

Do 22 ao 25 realización de escaparates literarios na entrada do colexio, un por aula e ademais colaboran a Gardería e o Centro de día. O mellor levará premio🏆.

-O mércores usuarios do Centro de Día farán un contacontos na nosa  biblioteca ao alumnado de infantil as 11.30.

-O xoves o alumnado de infantil asistirá a un obradoiro na escola de maxisterio onde traballarán narrativas de luz e contos con sombras chinesas ademais de visitar unha exposición de libros.

sábado, 26 de abril de 2025

ECO RETO ABRIL:CONCIENCIAMOS


O noso obxetivo este mes é concienciar para promover a protección medioambiental e fomentar a acción social e investigación científica.

miércoles, 23 de abril de 2025

DÍA DAS ARTES GALEGAS

 

Os alumnos da materia de Expresión Artística conmemoraron o traballo do artista galego Isaac Díaz Pardo realizando unha serie de linograbados nos que versionaron traballos do artista.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

 

Afundación levou hoxe o seu proxecto «Plantando árbores con pinceis» ao CPI Virxe do Monte de Cospeito, onde máis de oitenta rapaces e rapazas elaboraron un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes. 

O artista David Brey, de Vella Escola, foi o encargado de dirixir a creación da obra nun dos muros do centro educativo.

 Durante a mañá, os escolares decoraron tamén bolsas de tea con pinturas ecolóxicas. 

A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA «Educación para a sostibilidade», que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA.

jueves, 10 de abril de 2025

ANIMACIÓN A LECTURA DENDE O TEATRO

 

Hoxe na nosa biblioteca tivemos a Sabela Gago é actriz, pedagoga e mestra, con gran experiencia. É experta en teatro e compaxina esta disciplina cos seus coñecementos pedagóxicos e terapéuticos para ofrecer obradoiros nos que se aprende a dramatizar textos, sentimentos e emocións co corpo e a voz, partindo de estímulos diversos.


miércoles, 9 de abril de 2025

OBRADOIRO DE VELAS PARA AS FAMILIAS


 Temos o pracer de convidar a todas as familias  a participar nun obradoiro de velas que se celebrará o 8 de abril ás 16h na nosa biblioteca. Este obradoiro é unha excelente oportunidade para aprender e gozar xuntos en familia, mentres desenvolvemos a nosa creatividade e compartimos un momento especial.

Non é necesario contar con experiencia previa, xa que o obradoiro está pensado para todos os niveis. Ven cos teus fillos e disfruta desta experiencia artesanal única!

Agradecemos a vosa participación e agardámosvos con moita ilusión para pasar unha tarde chea de creatividade e diversión.

Ademais con esta actividade tamén colaboraremos cun mercadillo solidario no IES Leiras Pulpeiro de Lugo para recaudar fondos para un parque infantil no Hula.