Páginas

sábado, 22 de octubre de 2022

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

 

 O lema das BIBLIOTECAS ESCOLARES este curso ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
 AS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ESTE CURSO VERSARÁN SOBRE ESTE LEMA
Esta semana adicámola a formar aos usuarios da biblioteca...
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
- Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
- Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
                                                            - Escribir para  estimular a creación.
 
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.


Esta semana adicámola a formar aos usuarios da biblioteca xa que pasamos a formar parte de KOHA  é un sistema de bibliotecas integrado de código aberto, utilizado en todo o mundo por bibliotecas públicas, escolares e especiais. 
Polo que tivemos que facer entrega a todo o alumando do seu novo CARNÉ para realizar os préstamos na bibiloteca.
Aproveitamos para recordarlles cales son as normas da biblio e que podemos facer nela nos recreos, tamén avisalos que xa estará aberta despoís do comedor e que poderán ir a ela o alumnado que queira.

Fixeron un xogo  por equipos onde tiñan que facer unha cacería pola biblioteca que lles axudou a coñecela un pouco maís, sobre todo aos novos usuarios/as.






Tamén que esta aberto o prazo para anotarse como VOLUNTARIOS/AS no tempo de lecer, ( repartimos as mochilas aos voluntarios/as do ano pasado) e para o CLUB DE LECTURA a alumnado de 5º e 6º de E.P. e a ESO.






E puxéronse en marcha outra vez as MOCHILAS VIAXEIRAS que iran chegando as casas de todo o alumnado do centro.


E para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS fixemos entrega duns MARCAPÁXINAS
En Educación Infantil tivemos un teatriño MOI ESPECIAL

 e tamén marcharon as mochilas viaxeiras para casa



FOI UNHA SEMANA CON MOITAS NOVIDADES!!!! E PARA A SEMANA SAMAÍN!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario