sábado, 24 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS E MAIOS

 




O 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. E a nosa escola preparouse para un día especial na súa víspera!


En infantil preparamos un mural especial adicado ás cantareiras por ser as homenaxeadas este ano 2025.

En cada clase adicámonos con moito agarimo a cada un dos debuxos do ilustrador Luis Davila, “O Bichero” cos que fixemos un mural especial.

Alumnado da ESO primeiro fixeron papel reciclado e despois escribiron nel versos das cantigas das cantareiras. Para rematar, recolleron follas e flores, prensaronas e decoraron os versos, e acompañaron o mural de infantil.

Logo de tanta preparación por fin chegou o día!

Os nenos e nenas da escola de educación infantil de Cospeito e os usuarios do Centro de Día de Cospeito sacaron fotos no noso mural, puxeron as súas flores no maio e posaron moi guapos!

Puxeron as flores por cursos e quedou xenial!


O profesorado estas semanas fixo pandeiretas para agasallar neste día. Fixéronse coa cortadora láser froito da formación deste curso do profesorado.

Tivemos varias actuacións musicais a cargo dos Asubíos, acompañados polos nenos e nenas que trouxeron instrumento e quixeron participar, os nenos e nenas de infantil cantaron a canción que grabaron para o  concurso de podcast e a dos gañadores do concurso de podcast de 2º da ESO.






E así celebramos o legado das Cantareiras e o futuro da tradición.

Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!


No hay comentarios:

Publicar un comentario