sábado, 17 de mayo de 2025

Podcasts do concurso de Radio. Cultugal premiado na modalidade de 1º e 2º ESO!

 

Este ano concedéronos o programa RADIO NA BIBLIO polo que estamos moi motivados en elaborar programas radiofónicos. Por este motivo, cando vimos o concurso de podcast escolares, decidimos poñer en práctica o aprendido durante estes meses e así conmemorar o Día das Letras Galegas dun xeito diferente.


Imos traballar con diferentes idades permitíndonos así, facer diferentes cousas en función da idade. Este ano as homenaxeadas son “As cantareiras”. Participamos co alumnado de  infantil e 2º da ESO.

-          En Infantil aproveitando que unha maioría recibe clases de pandeireta,  decidimos inventar uns versos, darlles ritmo e despois cantalos na radio.

-          Na ESO traballaron a traxectoria biográfica das cantareiras homenaxeadas e una vez traballadas as súas vidas, fixeron unha entrevista como se fosen as súas veciñas e cantaron unha cantiga, para rescatar a poesía oral.

INFANTIL




Os maiores dos nosos compis exerceron de presentadores. A elección foi feita a modo voluntario. Cos que quixeron participar, dividuse o guión.







TODOS/AS XUNTOS/AS CANTANDO NA RADIO!

QUE BEN O FIXERON!!!!



ESO
Presentador e veciños das cantareiras.

Cantando.



Todo programa de radio precisa dun técnico para controlar a mesa.

DAMOS AS GRAZAS EN MAIÚSCULAS AOS NOSOS COMPAÑEIR@S DO CEIP RAMÓN FALCÓN DE CASTRO DE REI, QUE SIN ELES NON SERÍA POSIBLE ESTE PROXECTO.  PRESTÁRONNOS A RADIO PARA FACER ESTA GRAVACIÓN!!!



O mércores 30 de abril, comezamos a mañá de noraboa. O podcast de 2º da ESO logrou conquistar o xurado e gañamos un premio. 


O martes 13 de maio, tivemos o pracer de inagurar a Feira do Libro, de Lugo, a única feira que coincide coas Letras Galegas. Que privilexio.
Os nosos cantareiros interpretaron a cantiga que levaban no podcast.


Foi un día para o recordo! NORABOA rapaces, fixéstelo moi ben. 




Con agarimo, os podcasts do concurso.

INFANTIL


2º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario