Este xoves 2 de novembro tivemos unha super sorpresa polo cole, despois do recreo recibimos a visita de Maximus. Veu acompañado de Salva Arco, presidente da Fundación Breogán e Ana Traseira, directora da UNED de Lugo. Explicáronnos o seu programa de "NINGÚN ARO SEN REDE".
Esta actividade encádrase dentro do programa que temos este curso sobre o coidado da natureza e a reciclaxe. As persoas que nos visitaron, comentáronnos a importancia de reciclar, de coidar o medio ambiente para o benestar do noso planeta.
Instaláronnos 5 redes nas canastras, son recicladas e sostibles. Colaboran co proxecto de Ecoballution.
"ECOBALLUTION nace da man do xogador profesional de baloncesto Carlos Martínez co obxectivo de xerar un impacto positivo na sociedade e no planeta, a través da limpeza dos nosos océanos. O seu interese é reutilizar e reciclar as redes de pescar para crear un novo proxecto destinado a mellorar a saúde medioambiental."
Deixáronnos un contedor no que reciclaremos materiais de escritura: bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, marcadores, portaminas, correctores (de cinta, líquido e tipo bolígrafo), plumas estilográficas e cartuchos de tinta. Entramos nun concurso, gañaran os tres centros nos que pese máis ese contedor ...polo que reciclar ten premio.
Maximus anímanos a participar a tod@s!
A visita estivo cargada de moitos momentos especiais.
O máis especial foi a entrada da mascota do Breogán.
Maximus estreou a canastra coas novas redes. Intentou tirar varios tiros a canastra.O neno/a que metera canastra levaba un agasallo. Estas canastras do ximnasio están moi altas, pero todos/as o intentaron con acertos ou desacertos. Said de 6º educación primaria levou un gorro do club. Tamén houbo pegatinas e chapas.
Os mestres tamén intentaron os seus acertos e desacertos e desta vez Rubén, o mestre de educación física levou a bufanda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario