miércoles, 22 de noviembre de 2023

DÍA DA INFANCIA: 20 novembro

 Os recreos do luns 20 e martes 21 de novembro foron especiais. Falamos dos dereitos de todos os nenos e nenas.

Nestes recreos tratamos o DEREITO A UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE. 

A alimentación saudable é aquela que proporciona os nutrintes necesarios que o corpo precisa para manter o bon funcionamento do organismo, para gozar de boa saúde e minimizar o risco de padecer enfermidades. Para iso, necesitamos consumir a diario froitas, verduras, cereais, legumes, leite, carnes, pescado...en cantidades adecuadas e variadas. Dende a escola pretendemos que o noso alumnado adquira estes valores tan importantes para a súa saúde.

Deste modo, no día dos dereitos da  infancia traballamos con productos naturais para crear caras sonrintes e de boa saúde.

O alumnado de primaria participando nas creacións de caras elaboradas a partir de froitas:Quedaron unhas composicións moi creativas:

Moitas grazas!

O martes traballamos con folletos de supermercado fomentando o reciclaxe:

Os diferentes grupos de traballo

Creacións:






O alumnado do cole de Cospeito son moi artistas!
Así loce este mural no noso comedor. Parabéns polo traballo a tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario