viernes, 27 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 


Para esta celebración os nenos e nenas de infantil visitaron a biblioteca do centro para unha sesión de contacontos, o libro escollido "LA BIBLIOTECARIA". A Lily encántanlle os contos! Durante un contacontos descubre  unha porta sospeitosa na biblioteca. Que atopará?
Ademáis decoraron uns fermosos marcapáxinas
 e debuxamos como é para nós a biblioteca.
Os nenos/as novos xa teñen carnet de biblioteca e tamén as credenciais para poder acceder a plataforma de lectura dixital para bibliotecas escolares, ELBE-2
As instrucións para acceder:




Na formación de usuarios tamén fixemos entrega dos marcapáxinas que acompañarán as lecturas de todo o curso.
O alumnado de primeiro coñeceu o uso da biblioteca para os momentos de lecer. Recolleron os carnets e os marcapáxinas. 

Entregamos aos voluntarios do ano pasado os títulos que os acreditan como "GRANDES VOLUNTARIOS"

Seguindo co lema deste ano, tecendo comunidades, o alumnado voluntario baixou á GARDERÍA. Fixeron 4 sesións de contacontos. Unha gran experencia.
Damos comezo a outro curso no que na nosa biblioteca teñen cabida todo tipo de actividades:
- DE LECTURA

- DE XOGO
- DE TRABALLOS COOPERATIVOS

- DE PRÉSTAMO DE LIBROS

- DE CONTACONTOS
- DE CREAR HISTORIAS

- DE CINE
- DE CREACIÓN E EXPERIMENTACIÓN





E de moito máis, que descubriredes ao longo deste curso 2023/2024.

RESUMO DA FORMACIÓN DE USUARIOS/AS DA BIBLIOTECA:




No hay comentarios:

Publicar un comentario