Esta semana as mochilas viaxeiras comezaron a viaxar.
Xa sairon para as casas as mochilas, esta actividade para o fomento da lectura, enmarcada dentro do Proxecto da Biblioteca.
Enviamos, polo tanto, as MOCHILAS VIAXEIRAS para que os nenos e as nenas desfruten lendo en familia.
Non esquezas que SE TI LES, ELES LEN. É unha axudapara descubrir as aventuras que poden vivir a través dalectura e facendo uso da súa imaxinación.
Pedimos que se coide o material porque É DE TODOS/AS. É PRECISO QUE DENDE AS FAMILIAS VEXADES A MOCHILA VIAXEIRA COMO UNHA ACTIVIDADE DE LECER E NON COMO
DEBERES.
Así mesmo, debedes reflexar no DIARIO aquilo que pensedes con respecto a esta actividade (dar a vosa
opinión, propoñermelloras, hábitos lectores existentes na vosa casa, materiais que máis vos gustaron,
suxerencias a incorporar …) Tamén podedes facer máis atractivo o diario con debuxos que os/as vosos/as nenos/as queiran facer unha vez usado o material.
Acordamos igualmente que a rotación da mochila será dunha duración de 15 días. Prégase tamén o coidado de todo o material que irá na propia mochilaasí como o seu correcto trato e a súa conservación.
Esperamos que vos guste e desfrutedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario