Nestas semanas estivemos coa formación de usuarios da nosa Biblioteca, pasaron todas as aulas e explicámoslles como iba a ser este ano o funcionamento.
Algunhas das novedades deste curso será que nos recreos non se farán os préstamos e que poderán ver libros que estén nos expositores que despois deixarán nuns caixóns para facer a corentena e que virán co seu grupo aula.
O 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo."
Dende a biblioteca propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben lendo fragmentos ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Podes premer neste enlace para acceder a Escolma de textos de escritoras:
https://drive.google.com/file/d/1gUAZtP_Lk5Uysk3ZAvaCkjV84LCYfXUI/view?usp=sharing
COMEZAMOS O CURSO 2020-2021
Benvida a todas as nenas, nenos e profes neste comezo de curso no que, xa todas sabemos por que, teremos que asimilar novas normas, novas formas de comportamento e novas formas de aprendizaxe.
Preparando os medios de prevención : máscara, distancia de seguridade e xel nas mans.
De tódolos xeitos, somos optimistas e agardámos que sexa un ano coma todos os demaís: cheiño de novas propostas, novas actividades e coma sempre... cheíño de soños.
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS PRINCIPAIS IDEAS DO PROTOCOLO DA BIBLIOTECA
Importante :
•
Lavado e
desinfección de mans antes de entrar e ao saír da biblioteca. (Xel hidro alcohólico accesible na entrada)
•
Uso de máscara obrigado para alumnado e profesorado.
•
Mantemento do distanciamento social : distancia de seguridade mínima de 1,5m.
entre as persoas, e por tanto
prohibición dos agrupamentos nas mesas/ recuncho de lectura de BD.
•
Lectura, estudo e/ ou traballo en
sala: 2 persoas por mesa (revisable segundo cambien as indicacións das
autoridades competentes).
•
Respectar a distancia de
seguridade coa mesa do bibliotecario/-a : 1,5 metros.
•
Evitar tocar andéis, mesas e cadeiras,
en caso de sentarse non se poderá cambiar de asento.
•
Os Mestres antes da súa sesión desinfectarán
a zona que vaian usar e o material, esta operación repetirana ao final.
Limpeza e desinfección
Importante :
•
Rutinas que
cómpre incluír na “formación de persoas usuarias” da biblioteca: (por esta
orde)
1- hixienización de mans ao entrar e saír da biblioteca,
2- uso da protección facial estipulada
(máscara),
3- mantemento do distanciamento social : distancia
de seguridade mínima de 1,5m. entre persoas.
4- hixienización dos postos ocupados ao
remate da sesión.
• Limpeza e desinfección diaria da biblioteca. Limparanse e desinfectaranse as instalacións,mobiliario e equipamentos de traballo. Prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes (mostradores, pomos de portas, mesas, mobles, chans).
•
Ventilación mínima
de 15 minutos entre sesións
de uso da biblioteca, e diaria
sempre que sexa posible.
AFORO E PRESENCIA NA BIBLIOTECA.
- Durante
os recreos a biblioteca usaráse cada día polo curso
asignado en Primaria
Luns:
segundo de primaria
Martes:terceiro
de primaria
Mércores:
cuarto de primaria
Xoves:
quinto de primaria
Venres:sexto
de primaria
Durante os recreos de primaria só
se poderán usar os libros dos expositores que despois se deixarán nuns caixóns cada día para a súa
corentena.
O alumnado unha vez que entren a
biblioteca poderán sair pero non volver a entrar para evitar o movemento polos
corredores.
En Secundaria acudirán o
alumnado que queira sin asignar nin días nin grupos para facer o préstamo de
libros, estudar, buscar información….
Mentras dure a pandemia non se
empregarán xogos nin ningún material manipulable(ordenadores…).
- Cada
semana cada titoría de Primaria
dispoñerá de tempo para que os alumnos/as fagan o préstamo:
Luns:
2º,5º,6º de primaria
Martes:1º
de primaria
Venres:3º,4º
de primaria
Cada mestre xestionará o préstamo
dos seus alumnos/as en colaboración cun membro da biblioteca , nas horas da
biblioteca asignadas. Non podendo devolver o libro ata que volva a biblioteca o
día asignado, haberá unha mestra/e da biblioteca para realizar préstamos e
devolucións e supervisar a seguridade.
O préstamo poderá ir a casa ou
quedar no colexio na aula, xa que unha vez devolto pasará pola corentena.
En Secundaria o préstamo
farase no tempo de recreo, mais tendo moito coidado na manipulación dos libros.
Os libros devoltos permanecerán
nos caixóns en corentena ata cos coloque o equipo de biblioteca.
- Ademais nas horas que non esté ocupada poderase acudir a
biblioteca sempre que se respecten as medidas sanitarias para a materia de
alternativa a relixión u outras actividades.
Martes:6º
de infantil,4º,5º,1º de primaria
Mércores:
3º de primaria, 4º de infantil
Xoves: 5º de infantil
- Dado
que a nosa biblioteca é bastante grande o aforo
será dunha aula para primaria e dezaoito alumnos/as para Secundaria.
DOTACIÓN DE MATERIAL.
- Dotarase
as bibliotecas de aula de libros para a lectura cando o soliciten.
FAMILIAS.-
- Potenciarase
o uso dos recursos non presenciais na dinamización e difusión das propostas e
actividades no Blogue da Biblioteca: http://bibliocpivirxedomonte.blogspot.com/
E Invitarase a participar en
distintas actividades online: contacontos, exposicións...
Respecta as normas!
1.- Limpa
as mans con xel hidroalcólico ao entrar e saír.
2.- Usa sempre máscara.
3.- Respecta sempre as distancias: 1,5m.
4.- Non
collas o material: pídeo e traerémoscho.
5.- Nas
mesas, senta só onde estea permitido.
6.- Ao rematar, limpa o posto que acabas de usar.
Recorda : un pequeno esforzo
e coidado axudaranos a todos !
Neste días despedimos a Quino, o xenio creador de Mafalda, cuxas viñetas, creadas fai décadas están tan vixentes hoxe como entón.
Na biblioteca atópanse moitos comic de Mafalda!!!
E tamén deixámosvos aqui estes, debes dar un clic sobre os libros e perxonaxes
Premer no enlace!
No hay comentarios:
Publicar un comentario