O 24 de outubro de 2020, conmemórase o Día das Bibliotecas "A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que sogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir. As bibliotecas escolares amosáronse, e continuan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A Biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, eses lugares que están sempre ao noso carón.
Os nenos/as de cinco anos tamén visitaron a Biblioteca e fixeron despois o seun marcapáxinas!
Os alumnos/as de primeiro e alumnado novo visitaron a Biblioteca e coñeceron o seu funcionamento, e recibiron o seu carné de préstamo de libros e tamén levaron o seu marcapáxinas que servirá de lectómetro durante o curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario