jueves, 18 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola nenas e nenos!!! Chega o verán! Xa sei que estades a pensar que este ano vai ser un pouco “especial”, diferente ao que estamos acostumadas e acostumados. Pero verán, non si? E que significa verán? VACACIÓNS!!!! Descansar deste curso tan duro no que demostrastes as vosas gañas de saír adiante , a vosa valentía e fortaleza cumprindo o confinamento.
Porque o que debedes ter moi moi claro é que tedes que seguir a tomar precaucións e faceres caso dos consellos sanitarios :cumprir coa distancia de seguridade, empregar máscaras na cara e lavar moito as mans. Xa veredes como deste xeito conseguiremos vencelo.
Aproveitade este tempo de lecer para pasalo ben, gozade das pequenas cousas que nos ofrece a vida, que moitas veces nos pasan desapercibidas e aprendemos a valorar cando ocorre algo así. Sede felices! E LEDE UN POUCO, ou un moito!!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario