Mañá martes celebraremos no colexio un mercadillo solidario dentro do proxecto de valores e innovalab . Pasaremos todo o día no corredor do centro, converténdoo nun pequeno espazo de esperanza. A recadación irá destinada a Javi, un neno asturiano con NEDAMSS, unha enfermidade rara que loita por facer visible dende a súa historia e a súa forza.
📝O alumnado de sexto, tras ler unha noticia no xornal durante as sesións de aula, sentiu o latexo da empatía e decidiu transformar as súas aprendizaxes en acción. Así naceu esta proposta que convida a toda a comunidade educativa a sumar graos de luz para Javi e a súa familia.
Grazas a todas as familias que colaborasteis nesta iniciativa reutilizando obxetos e materiais para darlles unha segunda vida.
A partir dunha noticia aparecida no xornal sobre un neno chamado Javi, diagnosticado coa enfermidade NEDAMSS, na aula comezamos a reflexionar sobre como podiamos axudar. Xurdiu entón a idea de organizar un mercadillo solidario, no que toda a comunidade educativa puidese participar.
Ademais de descubrir unha realidade nova para nós, aproveitamos para traballar contidos da asignatura de Lingua, lendo e comprendendo a noticia, e tamén de Valores, reflexionando sobre a empatía, a solidariedade e o apoio ás persoas que o necesitan.
Para facelo posible, solicitamos a colaboración das familias e, na clase, elaboramos folletos informativos. Neles explicamos de maneira sinxela en que consiste esta enfermidade e convidamos a todos e todas a achegarse ao mercadillo, coa esperanza de sumar esforzos e contribuír ao benestar de Javi.
Un pequeno xesto pode converterse nun apoio inmenso, e así o entendemos desde o primeiro momento. Juntos e xuntas, construímos solidariedade.

Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes dalgún xeito no noso mercadillo solidario: ás que trouxestes cousas para vender, ás que viñestes mercar e tamén ás que simplemente vos achegastes para apoiar.
Grazas a este pequeno gran xesto colectivo demostramos que, cando sumamos esforzos, chegamos sempre máis lonxe. Hoxe a solidariedade fixo comunidade, e iso é o mellor agasallo que podemos compartir para JAVI.











No hay comentarios:
Publicar un comentario