O martes 9 de decembro voluntarios de 3º de EP baixaron contar uns contiños polo nadal aos máis peques do concello.
Uns días antes preparando os contos na biblio:

Esta
xornada cargouse de ilusión, na que as súas voces enchéronse de maxia para achegar aos nenos e nenas historias cheas de fantasía. Os pequenos escoitaron atentos, mentres os contadores compartían aventuras entrañables propias destas datas tan especiais. Sen dúbida, foi unha experiencia fermosa para todos, que deixou un anaquiño de Nadal no corazón de cada participante.
Rematamos xogando un poquiño con eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario