jueves, 13 de noviembre de 2025

PRÉSTAMOS EN SEGUNDO DE PRIMARIA

 

Unha das rutinas máis especiais dos xoves na clase de 2º de Primaria é a visita á biblioteca escolar. Cada semana, o alumnado acode con ilusión para realizar o préstamo dun novo libro, escollendo entre as moitas aventuras que os agardan nos andeis.

Ademais, aproveitan este momento para compartir cos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado no seu “block lector”, onde recollen actividades, debuxos ou reflexións sobre o libro lido. Cada neno e nena recomenda a súa lectura, explicando que foi o que máis lle gustou e por que pensa que os demais tamén deberían lela.

Deste xeito, a biblioteca convértese nun espazo de intercambio, aprendizaxe e ilusión pola lectura, onde cada xoves a imaxinación e as palabras cobran vida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario