Este curso poñemos a andar o club de poesía, cada trimestre levarase a cabo con diferentes actividades para fomentar as habilidades lingüisticas e a lectura oral.
Este novo espazo nace para gozar coa palabra, o ritmo e coa emoción que transmite a linguaxe poética.
Este primeiro trimestre imos a traballar cos haikus, poemas breves de orixe xaponesa que nos invitan a observar a natureza e expresar sentimentos cunha mirada pausada e sensible. Traballaremos sobre o outono xa que é o que están a traballar dende a biblioteca nestes meses.
Que é un poema? Un poema é un sentimento, unha obra literaria que se caracteriza polo uso artístico da linguaxe.
A nosa lectura será a chave para impresionar ao oínte. Non lemos de corrido, lemos con entonación e sempre deixando unha porta aberta á imaxinación no que estamos lendo. O club da poesía está composto por 15 nenos e nenas de 3º, 4º e 6º de educación primaria.
Primeira lectura do poema que imos a traballar este trimestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario