domingo, 30 de noviembre de 2025
Xa temos a sintonía e logo da nosa radio!!!
jueves, 27 de noviembre de 2025
OBRADOIRO DE 3D PARA ALUMANDO DA ESO
25N
En Infantil, dentro do proxecto da música, achegámonos a esta temática a través das Fillas de Cassandra e a súa canción “A tataravoa”.
En Primaria e Secundaria desenvolvéronse actividades baixo o lema “Cada folla, unha historia”, visibilizando diferentes realidades e voces que merecen ser escoitadas. Ademais, o alumnado de 3º da ESO na materia de Plástica traballou co lema “Non máis vítimas”.
Son iniciativas que nos axudan a construír un centro máis consciente, máis xusto e máis humano.
REUNIÓN DA MICRORREDE DA TERRA CHÁ
Tivo lugar no colexio de Adadín a xuntanza da Microrrede de Bibliotecas da Terra Chá. Foi un encontro moi enriquecedor no que, ademais de poñer en común ideas e valorar o camiño percorrido, debatemos sobre futuras colaboracións entre as bibliotecas… e sobre moitas outras cuestións que nos ilusionan e nos unen. Un espazo de diálogo, aprendizaxe compartida e novos proxectos por vir.
COGOMELOS: ECO RETO NOVEMBRO INVESTIGAMOS
“Agradecémoslle a Carlos Gómez Osa a súa axuda para realizar esta clasificación de fungos e o profesor de proxecto que realizaron a colleita e posterior clasificación con seu alumnado."
miércoles, 26 de noviembre de 2025
Receitas do outono
1º Tosta de outono con cogumelos
2º Crema de cabaza
3º Madalenas otoñais de cabaza e chocolate.
Grazas a todas as familias colaboradoras nesta actividade.
sábado, 22 de noviembre de 2025
Microrelatos de outono
O alumnado de quinto e sexto, xunto co da ESO, deixou voar a imaxinación para crear microrrelatos inspirados nas catro fotografías gañadoras do concurso de outono. Entre todas as historias nadas da luz e das cores da estación, seleccionáronse as máis destacadas para seren gravadas na nosa radio escolar, onde cobraron voz e vida propia.
viernes, 21 de noviembre de 2025
BATIDOS SAUDABLES para celebrar o día do nen@
Esta semana, para conmemorar o 20 de novembro, DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS, e no marco do programa, Nutriescolas, o alumnado de infantil, primaria e secundaria elaborou batidos saudables. Con esta actividade celebramos e poñemos en valor o dereito a unha alimentación equilibrada e a desfrutar dunha boa saúde, aprendendo ao mesmo tempo a coidar o noso corpo de maneira divertida e consciente.
jueves, 20 de noviembre de 2025
DISEÑOS CREATIVOS EN 3D É LÁPIS 3D
Esta semana na nosa biblioteca para o alumnado de primaria tivemos un obradoiro de lápices 3D para experimentar coa creatividad e e aprender novas técnicas de deseño creando adornos para ir preparándonos para a chegada do Nadal.
O alumnado da ESO iniciouse no Deseño 3D con ThinkerCad. Coñecemos como funciona unha impresora 3D e comezamos a deseñar figuras para darlles vida. A semana que ven continuamos...
viernes, 14 de noviembre de 2025
EXPOSICIÓN DE INSECTOS CON MATERIAIS DE OUTONO
O traballo realizado polo alumnado da ESO nos recreos da biblioteca, en colaboración co alumnado de Primaria e co profesorado, tivo como protagonista o outono e os seus tesouros naturais.
Durante varias semanas, os rapaces e rapazas saíron ao patio e á contorna do centro para recoller follas secas, paus, landras, sementes e outros materiais naturais. Con moita imaxinación e coidando cada detalle, transformaron estes elementos nunha fermosa exposición de insectos elaborados con materiais do outono.
Na mostra pódense ver auténticas obras de arte: bolboretas feitas con follas de diferentes cores, formigas de paus e landras, libélulas con ás de follas … Cada creación está acompañada do nome científico do insecto correspondente, aprendendo así a diferenciar especies e a coñecer a súa importancia nos ecosistemas .
Esta actividade serviu para unir ciencia e arte, fomentando o respecto pola natureza e o traballo cooperativo entre etapas. O resultado final é unha exposición chea de cor, creatividade e aprendizaxe, que nos lembra que o outono tamén está cheo de vida.
OBRA DE TEATRO O ACHADO DO CASTRO
Hoxe tivemos no colexio, grazas á Deputación de Lugo e ao AMPA, unha obra de teatro representada pola Asociación Os Pinchacarneiros, constituída baixo o paraugas da Fundación Anade, que ten entre outros obxectivos a integración social e laboral de persoas con discapacidade.
A obra, titulada O achado do castro, de Manuel Núñez Singala, lévanos á Roma antiga e faino xogando coa lingua, facendo que os personaxes falen coma nós, empregando termos actuais. Isto dá lugar a situacións moi cómicas que fixeron desfrutar a todo o público.
jueves, 13 de noviembre de 2025
PRÉSTAMOS EN SEGUNDO DE PRIMARIA
Unha das rutinas máis especiais dos xoves na clase de 2º de Primaria é a visita á biblioteca escolar. Cada semana, o alumnado acode con ilusión para realizar o préstamo dun novo libro, escollendo entre as moitas aventuras que os agardan nos andeis.
Ademais, aproveitan este momento para compartir cos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado no seu “block lector”, onde recollen actividades, debuxos ou reflexións sobre o libro lido. Cada neno e nena recomenda a súa lectura, explicando que foi o que máis lle gustou e por que pensa que os demais tamén deberían lela.
Deste xeito, a biblioteca convértese nun espazo de intercambio, aprendizaxe e ilusión pola lectura, onde cada xoves a imaxinación e as palabras cobran vida.
miércoles, 12 de noviembre de 2025
Experimentos de enxeñaría, física e química polo mes de novembro na biblioteca
Hoxe tivemos na biblioteca unha actividade compartida coas familias, chea de experimentos de enxeñaría, física e química, da man de Leticia, unha mamá do colexio. Esta proposta forma parte da celebración do Mes da Ciencia nas Bibliotecas e do programa “Lectura e Familias”.
Durante a sesión:
Construímos pontes con paos de madeira, poñendo a proba a nosa creatividade e o equilibrio das estruturas.
Fixemos volcáns mediante a reacción química do vinagre e o bicarbonato, observando como se producía o “estoupido” de espuma.
Escribimos con tinta invisible de zume de limón e, ao achegala a unha fonte de calor —neste caso, unha vela—, apareceu a maxia da ciencia: producíuse unha reacción de carbonización. O ácido cítrico do limón oxídase e deixa unha marca de cor marrón sobre o papel.
Tamén comprobamos a lei de conservación do momento angular, experimentando como, ao xirar nunha cadeira con peso, a velocidade cambia cando abrimos ou pechamos os brazos.
Foi unha tarde chea de curiosidade, aprendizaxe e diversión, na que gozamos moito experimentando en familia.
Moitas grazas a todas as familias que viñestes compartir esta experiencia científica connosco!
Simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO na biblioteca
Traballando as simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO con todo o alumnado de infantil.
Para conmemorar o Mes da Ciencia nas Bibliotecas, realizamos unha actividade moi especial sobre as simetrías. Primeiro, coa axuda dos maiores, botamos pintura sobre unha metade do papel. Despois, dobramos con coidado... e maxia! Apareceron formas e cores simétricas sorprendentes.
Deixamos que as obras secasen ben, e finalmente recortamos as figuras para darlles o toque final. O resultado foron creacións artísticas cheas de cor e simetría, froito da colaboración, da curiosidade e do gusto pola ciencia e pola arte.
domingo, 9 de noviembre de 2025
viernes, 7 de noviembre de 2025
Club de poesía (Parte1).
lunes, 3 de noviembre de 2025
Exposición festas do outono nos diferentes países
Queremos dar as grazas a todas as familias polo seu entusiasmo e polo magnífico traballo realizado para a exposición das festas do outono —de Galicia, Estados Unidos, Nixeria, México...—. 





.png)


