jueves, 13 de febrero de 2025

RADIO A LAGOA: Entrevista con invitados (ESTREA)



Este curso conseguimos o programa Radio na biblo. Hoxe, celebramos o día Día Mundial da Radio e que mellor maneira que estreando o noso primeiro programa. 

Este mes estamos formándonos na radio, como mellorar as nosas competencias comunicativas tanto do alumnado como do profesorado. 

Onte fixemos a nosa primeira entrevista. Sabela e Rubén de 5º EP foron os conductores deste primeiro programa. Entrevistaron a Sonia, unha matrona que visitou o noso cole para dar unhas charlas organizadas pola Ampa para 5 anos e 5º EP "Comunicándonos entre iguais".

Despois pasou pola aula de polos para sentarse fronte aos nosos micros e responder as preguntas destes dous presentadores. Moitas grazas Sonia.


Dende a biblioteca cremos que esta nova forma de aprendizaxe motivará a alumnado e axudará a conseguir dun xeito divertido ferramentas a través dos programas radiófonicos. Fomentando así, o traballo en equipo, creatividade, expresión oral, redacción e a lectura.

Fainos moita ilusión presentar este programa, agardamos que vos guste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario