miércoles, 19 de febrero de 2025

CLUB DE LECTURA 1º ESO

 

CLUB DE LECTURA DE 1º ESO co libro de Manuel Núñez Singala "O achado do Castro"

Esta historia comeza cunha conversa de Catulo e Caleno onde idean como intentar roubarlle o medallón ao Emperador, e facerse así co poder do Imperio. Este plan consiste en que Catulo deberá facerse pasar polo sabio Citrón para, nun descoido, arrebatarlle o medallón ao xefe supremo. Ao mesmo tempo Carmiñae e Manulitus son descubertos polos dous soldados no seu encontro segredo no bosque e levados ata o Emperador, quen decide encarcelalos ata que se desenamoren un do outro, unha idea de Catulo (quen xa se estaba a facerse pasar por Citrón, o sabio). Despois de moitos intentos por roubar o medallón, non o conseguen, e tras ser descubertos polo escravo, deciden aliarse con él, para que este non desvele nada, e probar sorte. Máis tarde, Arpexia, a nai de Manulitus chega a palacio e pide que desencarceen ao seu fillo. Despois de ter unha conversa co Emperador, ambo-los dous quedan namorados entre eles, quenes deciden casar, e quenes deixan finalmente que os seus fillos casen. Ademáis descobren o último intento de Catulo e Caleno por intertar roubarlle o medallón, pero, deciden perdoarlles a vida, xa que vaise celebrar a voda, e consideran que debe ser un día de alegría e ledicia.

É unha obra teatral divertida onde ademais de falar do libro e dos seus temas principais, aproveitamos para ler algunha escea do libro








No hay comentarios:

Publicar un comentario