viernes, 28 de febrero de 2025

Postres saudables no comedor no mes de Febreiro

 No mes de febreiro levamos a cabo os postres saudables do receitario. Escolleronse catro postres para elaborar no comedor escolar cada semana deste mes. Agradecer o servizo de cociña pola  colaboración.

lunes, 24 de febrero de 2025

As pegadas de Rosalía

Todo o centro elaborou un roteiro con pegadas para visitar con poemas os lugares máis importante na vida e obra de Rosalía de Castro.

viernes, 21 de febrero de 2025

21F DÍA DA LINGUA MATERNA


 Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. 
Polo que na biblioteca buscarán e plasmarán a súa palabra favorita en galego.

viernes, 14 de febrero de 2025

CHARLA DA MATRONA GRAZAS A ANPA DO COLEXIO

 

Damos as GRAZAS ao anpa do colexio que fixo posible que hoxe tiveramos outra vez a matrona para contarnos moitas cousas interesantes sobre o seu traballo e o noso corpo sempre utilizando recursos adaptados as diferentes idades.

NOVO CONCURSO PARA CONSEGUIR CRIPTO MOEDAS : FEBREIRO


 Todos os meses o recoñedido Gerónimo Stilton lanzaranos unha pregunta, un traballo...aqueles que o realicen con éxito conseguirán unha cripto moeda!!!

            ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

jueves, 13 de febrero de 2025

RADIO A LAGOA: Entrevista con invitados (ESTREA)



Este curso conseguimos o programa Radio na biblo. Hoxe, celebramos o día Día Mundial da Radio e que mellor maneira que estreando o noso primeiro programa.