Esta mañá tivemos a sorte de ter a @yanezantia na nosa biblio. Compartiu con nós o seu traballo, o xeito de facelo e as súas inquedanzas.
Co seu relato, levounos á Mariña, á Burela actual pero tamén á de hai anos, onde había castros e torques. Fíxonos viaxar no espazo e no tempo.
Asinou os libros e o caderno de visitas.
Moitas grazas por vir, foi un auténtico pracer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario