martes, 9 de mayo de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

 



 Para conmemorar o Día do Libro no centro realizáronse actividades ao longo da semana.

Comezamos cun conto aos nenos/as de infantil por algúns dos usuarios do Centro de Día de Cospeito

Para que se recorden de nós agasallamolos cunhas chapiñas da biblioteca
De volta nas aulas fixemos  un debuxo de nos, pintamos a nosa inicial e debuxamos unha palabra do conto que empezara por esa letra.




 Os usuarios do Centro de Día tamén nos agasallaron cuns xogos
MOITAS GRAZAS POR VIR A NOSA BIBLIOTECA!!
O Martes voluntarias da Biblioteca visitaron a Gardería do Concello para contar uns contos aos máis pequeniños





Tamén dende a nosa Biblioteca fixemos un préstamo de contos a Gardería

Nas horas de lecer no colexio o alumnado elixiu libros tendo en conta o abecedario e ilustraron as súas portadas.

Así de ben lles quedaron, son unhas artistas!!!





Tamén compartiron lecturas as nosas usuarias da biblioteca







Xa chegando a fin da semana os voluntarios da biblioteca de sexto foron ao Centro de Día lerlles aos máis maiores.
Os maiores fixeron uns agasallos preciosos para nos, unhas flores feitas con libros expurgados da biblioteca.


E para rematar fixemos unha doazón de libros expurgados a "BIBLIOTECA RURAL DE PINO" para que segan adiante coas actividades que están levando a cabo dende a súa inaguración.

Vídeo onde se fai eco da Biblioteca Rural de Pino grazas a doazón de libros da nosa biblioteca o programa de RuRAlitas de la TV 2


ESTAS SEMANAS DERON PARA MOITO, A SEGUIR CON BOAS LECTURAS!!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario