Para conmemorar as Letras Galegas fixéronse varias actividades
Elaboración de diferentes murales do homenaxeado e por onde viaxou ao longo da súa vida
En 5º de infantil decoraron a súa roupa pintando con témperas, pegando troquelados de círculos de distintos tamaños de cor azul, e outros pequeniños con forma de corazón vermello gara o lazo do pescozo.
Vimos e comentamos un vídeo sobre este escritor de poemas galego e lemos un anaco dun dos seus poemas.
Creación de acios de uvas con palabras fermosas do galego que adornaran os corredores
lectura dalgún poema
e algunha pregunta aos usuarios polo alumnado de 1º da ESO
Coma sempre unha gran experiencia para tod@s.
Tamén o alumnado da ESO está a participar nun concurso de fotografía organizado pola profesora do Departamento de Galego do centro.
Concurso fotográfico “Polos Vieiros de Florencio”
- Queremos que a vosa ollada ilumine os versos deste poeta!!!
- Propoñemos facer una fotografía do que vos inspiren as palabras dos seus poemas
- Tocaranvos uns versos do autor homenaxeado ao azar.
- Unha vez lidos os versos, tedes que facer una fotografía (coa máxima calidade posible) que se inspire neles.
- A fotografía será entregada xunto cun pé de foto que acompañe coa seguinte información:
o Os versos que inspiraron a túa imaxe
o Nome, Apelidos e Curso.
- As imaxes serán enviadas ata o venres 13 de maio ( como prazo máximo) ao correo electrónico
- As imaxes serán expostas no corredor da biblioteca e ademais contaremos con 3 premios para as mellores fotografías escollidas por un xurado do centro.
BO DÍA DAS NOSAS LETRAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario