domingo, 29 de mayo de 2022

CLUB DE LECTURA!

 

Comenzamos coas reunións dos clubs de lectura onde eleximos as primeiras lecturas


Quinto: 






Estivemos vendo un vídeo onde Ledicia Costas nos conta como escribiu o libro e como se ilustrou

Despois do visionado do vídeo decidimos facer unhas receitas para expoñer no mural da biblioteca



E para rematar con esta lectura e xa co libro está moi vencellado a cociña, fixemos un obradoiro de galletas de mantequilla onde desfrutamos facendo e degustando as galletas dun xeito cooperativo, e este foi o resultado!!








Para o segundo trimestre o club de quinto decidió ler o libro de TOM GATES
Sexto



Liz Pichon

Descrición

Descrición

Liz Pichon é unha ilustradora e escritora infantil británica. É coñecida sobre todo pola súa serie de comedia de ficción satírica realista de Tom Gates, que foi traducida a 43 idiomas e vendeu máis de oito millóns de copias en todo o mundo.




Despois de ver os vídeos de Liz Pichon imos intentar facer o mesmo que fai ela cos nosos nomes


Rematamos co libro coa elaboración dos nosos nomes nuns carteis parecidos aos de Tom Gates



Para o segundo trimestre o club de lectura de sexto decidiu ler o libro de LEDICIA COSTAS

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.

A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.

Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.





ESO: 


Para o segundo trimestre o CLUB de lectura da ESO 

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.











ÚLTIMA REUNIÓN DO TRIMESTRE ANTES DE REMATAR OS LIBROS PARA COMEZAR CON NOVAS LECTURAS


Rematamos os libros e o trimestre:





E comezamos o último trimestre traballando o CÓMIC para o día do libro así cas lecturas elexidas para o último libro do club de lectura do curso van a ser CÓMICS



E para rematar: lecturas con voces distintas




Pasámolo xenial!!!

PARA O CURSO QUE VEN MAIS CLUB!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario