domingo, 24 de octubre de 2021

XA CHEGA O SAMAÍN!!

 

Ao longo da semana na biblioteca pola celebración do Samaín  faranse diferentes actividades no que todo o alumnado

do centro poderá participar.

En infantil lecturas de contos e un obradoiro de pulseiras.

En primaria un obradoiro de farolillos para decorar, acompañados de música da época.

En Secundaria curtas de medo.

En colaboración coas familias  crearemos un receitario conxunto con diversos menús terroríficos (típicos desta época). Cada alumno-a leva para a casa unha folla que formará parte do noso receitario para cumprimentar cunha receita e fotografía da mesma. 

Así mesmo podedes enviar un vídeo ao noso correo cuia dirección é bibliocospeito@gmail.com e os iremos poñendo aquí no noso blog.

 Moitas grazas por colaborar con nós!

As historias esperánvos!!! Esta semana empezamos cos préstamos de libros.



A nosa biblioteca tiña unha entrada "TERRORÍFICA" para os maís valentes

OBRADOIRO DE FAROLILLOS en primaria:








EN INFANTIL AVENTURAS MONSTRUOSAS, DE BRUXAS...
En tres anos, primeiro pasamos polo túnel pero estabamos preparados!!!

 

 

Despois contamos o conto:  







é finalmente decoramos as nosas pulseiras de cabazas



Así de bonitas quedaron

En catro e cinco anos tamén superamos o paso polo túnel da entrada a biblioteca




Despois escoitamos o conto 






Despois decoraron as suas pulseiras 

E así de chulisimas quedaron!!




AQUÍ DEIXÁMOSVOS FOTOS E VÍDEOS DAS VOSAS RECEITAS TERRORÍFICAS EN BREVE RECEITARIO DIXITAL E NA NOSA BIBLIOTECA PARA CONSULTAR.




No hay comentarios:

Publicar un comentario