domingo, 24 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil 

á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. 

Dende a nosa Biblioteca ao longo da semana fixemos diferentes actividades:


     -Aos mais pequenos do cole lecturas de contos e entrega dun marcapáxinas








 O alumnado de primaria recibiron a formación de usuarios para este curso e un marcapáxinas onde anotarán todas as lecturas do curso, ao alumnado novo o seu carné e os voluntarios do ano pasado un agasallo por axudar nas tarefas da biblioteca, e ademais un contacontos.






O alumnado de secundaria recibiron a formación de usuarios para este curso e un marcapáxinas, ao alumnado novo o seu carné e os voluntarios do ano pasado un agasallo por axudar nas tarefas da biblioteca.





No hay comentarios:

Publicar un comentario