Hoxe tivemos o pracer de compartir un faladoiro con Alexandra, asesora das bibliotecas da provincia de Lugo.
Un encontro cheo de ideas, compromiso coa lectura e amor pola cultura, no que puxemos en valor o papel das bibliotecas como espazos vivos de aprendizaxe, encontro e comunidade.
Grazas, Alexandra, por compartir a túa experiencia, a túa cercanía e a túa paixón por facer das bibliotecas lugares que conectan persoas, historias e futuro.
E, por suposto, unha mención moi especial ás alumnas do Club de Radio, que fixeron posible esta entrevista co seu traballo, ilusión e entusiasmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario