🌈📚 SEMANA DO LIBRO 📚🌈
Esta semana o noso centro énchese de maxia, palabras e historias que voan da man da imaxinación. Convidámosvos a viaxar con nós polo marabilloso mundo dos libros! ✨
📖 Luns
Comezamos a semana cun momento moi especial: as persoas usuarias do Centro de Día visitaranos para compartir cos máis pequenos de Infantil fermosos contos cheos de emoción e tenrura. Un encontro entre xeracións arredor das historias. 💛
O voluntariado da biblioteca levará a maxia da lectura á escola infantil, onde contarán contos cheos de fantasía, risas e aprendizaxe. Porque as historias medran cando se comparten! 🌱
🎭 Xoves
Visitaremos o HULA para realizar unha xornada moi especial: lecturas de poesías, entrega de marcapáxinas e doazón de libros. Un xeito precioso de levar a lectura a todos os recunchos e compartir ilusión. 💌📖
📢 Durante toda a semana…
No centro, o alumnado converterase en auténtico recomendador literario, creando anuncios de libros interesantes para animar a outros a descubrir novas lecturas. 🎨📚
🐺🦒 E para rematar…
Desfrutaremos dunha divertida animación á lectura cos libros “O lobo Ramón” e “A xirafa e o pelícano” de Santillana, cheos de aventuras e personaxes inesquecibles.
💫 Unha semana para soñar, aprender e viaxar sen saír das páxinas dun libro. Porque ler… é vivir mil historias! 💫
📖 Luns
📚 Martes
MÉRCORES entrega de marcapáxinas




No Auditorio do Vello Cárcere, alumnado e profesorado participaron nunha maratón radiofónica conxunta con outros puntos de Galicia e Portugal, nunha edición que reuniu 86 centros de 50 concellos.
O noso cole tamén formou parte desta experiencia con tres grupos de radio:
✨ Un sobre lendas galegas
🎶 Outro sobre a música galega actual
📚 E un dedicado a Begoña Caamaño
Tres propostas moi en sintonía co espírito de Ponte nas Ondas, poñendo en valor a nosa cultura, tradición e lingua a través da creatividade do alumnado.

Desfrutaremos dunha divertida animación á lectura cos libros “O lobo Ramón” e “A xirafa e o pelícano” de Santillana, cheos de aventuras e personaxes inesquecibles para o alumnado de 1º,2º,3ºe 4º.

























































No hay comentarios:
Publicar un comentario