O sábado 21 de marzo conmemórase o día da poesía.
A poesía é unha forma de expresión artística que
utiliza as palabras para crear beleza, evocar emocións ou transmitir
sentimentos e ideas dun xeito diferente ao da linguaxe cotiá.
Este mes na
quedada do noso club fixemos comparacións empregando parécese a… para despois na
lectura dos nosos versos sustituilo por é como
Facer comparacións é o "motor" que move a poesía. Permítennos explicar o que sentimos usando imaxes que todo o mundo pode entender ou ver.
Deste xeito tan orixinal, conmemoramos o Día da Poesía, deixando voar a imaxinación e dándolle voz aos sentimentos máis profundos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario