Novo programa de entrevistas na nosa radio.
Esta semana, na radio, tivo lugar unha entrevista moi especial: a titora de quinto de primaria e profesora de Plástica en Inglés do resto do cole, foi a protagonista da nosa sección de entrevistas. Con esta conversa tan próxima e interesante, estreamos oficialmente esta nova sección da man do grupo da radio, formado nesta ocasión por alumnas de quinto que prepararon as preguntas e o guión e que decidiron comezar esta aventura entrevistando á súa propia profe.
Será un momento no que o alumnado poderá coñecer un pouco mellor á mestra, tanto no eido profesional como no persoal. Sen dúbida, unha estrea fermosa para unha sección que nace con ganas de dar voz ás persoas que forman parte da vida do noso cole.
O grupo 2 de voluntarios da radio prepararon unha entrevista a súa titora. María ademais é a profe de plástica do cole.
Días antes nas probas de son:
Día da grabación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario