martes, 30 de septiembre de 2025

NOVO CURSO ESCOLAR PARA A NOSA RADIO!

 Chegou setembro e con el o inicio do novo curso escolar e tamén para nosa radio. Este curso abrimos as portas do noso estudio radiofónico para ensinarvos o novo mobiliario e por suposto a ilusión por poñela a funcionar dende o comezo. Agardamos moitas sorpresas neste novo curso.

Os micrófonos serven de guía nas lecturas, na expresión e na oralidade.  Buscamos alumnos/as que queiran ser xornalistas e alumnos/as que queiran ser técnicos. Buscamos transformar a nosa radio para que sexa refuxo de historias, de palabras que enchan de maxia e aprendizaxes á comunidade educativa. 

Esta semana estas tres alumnas de 5º EP: Thais, Naia e Aiala sentaronse para facer un anuncio do noso concurso de fotografía que está aberto a todos ata o 17 de outubro.







Como ben o dixeron animádevos a participar!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario