Esta semana tivemos o CLUB DE LECTURA DE 5º E.P. co libro de María Reimóndez "Usha"
Falamos da autora e da historia do libro.
Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.
Despois de falar tamén de como é a India fixemos unha actividade coas especies deste país.
Así quedaron secando
Ademais de ler aprendemos sobre a vida dunha comunidade popular da India.
No hay comentarios:
Publicar un comentario