martes, 7 de junio de 2022

Santiago Jaureguizar na nosa biblioteca!!!

 

Hoxe Santiago Jaureguizar, escritor e autor de moitos libros que forman parte da nosa biblioteca, visitounos grazas á colaboración coa Editorial Santillana.

Falounos dun libro lido por todo o noso alumnado "O contador de estrelas", unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madurez dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.
Se queredes profundizar neste libro está dispoñible na nosa biblioteca.
Tamén comentou sobre outros libros escritos por el como "Corazón de chocolate", "A Cova das Vacas Mortas" e das súas historias de EL PROGRESO onde escribe artigos.


Mostrouse moi cercano ao alumnado e rematou as sesións asinando os nosos libros e inaugurando o novo libro de visitas da biblioteca.





Volve cando queiras. Aquí tes a túa biblioteca!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario