domingo, 6 de marzo de 2022

ENTROIDO 22!

 


Este entroido o centro cheo de avós e avoas imos ter. 


Esta ano imos relacionar o entroido co centro de día da nosa localidade. No 2020, comezaron con moita ilusión uns disfraces baseándose na arte e tradicións galegas, pero por mor da pandemia non se puideron ver. Fixeron unha exposición que este ano acollemos no noxo colexio, polo que as actividades que se desenvolverán  terán que ver coas tradicións galegas.

Nas aulas faremos obradoiros  de caraoutas relacionados coas distintas zonas de Galicia como as MADAMAS E GALÁNS de Cobres, os PELIQUEIROS de Laza, os BOTEIROS de Viana, os VOLANTES da Ribeira, os XENERAIS da Ulla, o OSO de Salceda, a PITA de Eiroas entre outras.

O día 23 de febreiro o alumnado de 4º E.P acudirá ao centro de día para traballar cos seus usuarios/as.

E para conmemorar o 8 de marzo o día da muller imosllo adicar as nosas avoas! A Galicia rural caracterízase polos seus matriarcados e o noso contexto histórico amosa que en moitas ocasións foron as mulleres as que sacaban adiante ás súas familias, en moitos casos esa situación séguese a manter, pero temos que facer que se vexa, visibilizar esa situación, polo que vos pedimos un traballino das vosas avoas.


 


 






Así lucen os disfraces que fixeron os usuarios do centro de día coas suas coidadoras


VÍDEO DISFRACES DE ENTROIDO (PREMEDE NO ENLACE)


e así os presentamos nos nosos corredores:












 

Os mandados deste ano son:Do 21 ó 25 de feBreirode 2022


Cada día unha cousa máis debemos poñer!


LUNS para lucir de bo ver,

un pano, pucho ou boina na cabeza debes traer.andil ou camisa, ou funda de traballo tamén tedes que vir.

 

O MARTES para arrasar cun m


O MÉRCORES cunhas zapatillas os pés quentiños imos ter, ou botas de goma, como se á horta foras remexer.

 

XOVES a vista xa nos empeza a faiar... así que unhas lentes tamén debes levar!

 

O VENRES para ser un avó ou avoa espectacular, coa cara pintada chea de engurras virás.

Clase de verde

LUNS



Martes


Mércores:


Xoves:



Venres:




 Clase de Azul

Luns


Martes

Mércores

Xoves


Venres



CLASE DE VERMELLO

Luns

Martes

Mércores
Xoves


Venres



Alumnado de Primaria














Obradoiros de caroutas nas aulas:
 

O primeiro que fixemos foi as súas letras
Despoís démoslle cor
















Os VOLANTES EN 4 ANOS!!!



Clase de Vermello

Antes de comezar a decorar o noso gorro de volante, estivemos coñecendo un pouco de historia e pintamos un de moitos cores.
Comezamos escribindo o nome de volante no gorro. Despois coloreamos con témpera sólida de cores. 
Colocamos flores de distintos tamaños e cores.



Trituramos papel na trituradora...
E pegámolo o noso gorro.
E o venres desfilamos todos guapísimos e guapísimas!!!



O GALO DE SAN PEDRO DA MEZQUITA DE OURENSE






VERGALLEIROS DE SARREUS






                                                                      

 
PELIQUEIROS




















MADAMAS E GALÁNS



OBRADOIRO NO CENTRO DE DÍA 









Deixamos un vídeo resumo do desfile, queima do Meco e final de festa! 
(Ollo a regular a calidade na rodiña de axustes)


ESTE VENRES O ALUMNADO DE 5ºEP E 6ºEP ACOMPAÑOU AOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA DE COSPEITO NO SEU DESFILE DE ENTROIDO



No hay comentarios:

Publicar un comentario