martes, 1 de febrero de 2022

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


 

O 30 de xaneiro conmemórase o día da paz e non violencia.

A educación para a tolerancia a solidariedade, o respecto a non violencia e a paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No día da Paz, comprometémonos a traballar o entendemento entre persoas con diferentes formas de pensar.

Neste día conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, líder pacifísta que defendeu e promoveu a non violencia fronte as inxusticias.

Unha educación baseada nunha cultura de non violencia e paz permite que os nosos alumnos adquiran coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como persoas comprometidas cos dereitos dos demais.



Polo que no noso centro traballamos de xeito colaborativo nas aulas de Infantil e Primaria para a elaboración duns murales que estarán visibles nos corredores.

Clase de VERDE






Clase de AZUL






Clase de VERMELLO 







 















Na ESO a partir da curta cadea de favores fixeron a súa propia cadea que puxeron no corredor da biblioteca e unha chea de nubes con menxases de paz







No hay comentarios:

Publicar un comentario